mércores, 31 de maio de 2023

Letras Galegas 2023

 

O día 18 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas. A semana anterior estivemos pintando, coa axuda da profe Lupe, o retrato de Francisco Fernández del Riego, o escritor ao que se lle adica este ano. Na celebración, fixemos un pequeno xogo de pistas, que nos levou nunha viaxe polas instalacións do cole ata que atopamos unhas palabras que, ao xuntalas e ordealas, compuxeron a seguinte mensaxe: SE BUSCABAS UN TESOURO XA NON O BUSQUES MÁIS, PONTE A FALAR GALEGO MOITO MÁIS RIC@ SERÁS.

Os nenos e nenas de 6º presentáronnos ao escritor deste ano, e logo cada aula leu unha lista con 17 nomes de árbores, deportistas, ríos, vilas e aldeas, animais, escritores/as, pintores/as, montañas e grupos musicais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario