BIBLIOTECA DE PONZOS
Actividades realizadas e enlaces recomendados polo equipo da biblioteca do CEIP de Ponzos
domingo, 8 de novembro de 2026
domingo, 25 de febreiro de 2024
PONZOS NAS ONDAS É HOXE DE 3ºA
martes, 6 de febreiro de 2024
3ºB FAI PONZOS NAS ONDAS
mércores, 24 de xaneiro de 2024
PONZOS NAS ONDAS. CUARTO EP
NOVO PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS. TÓCALLE AGORA O TURNO AO GRUPO DE 4º DE PRIMARIA. TRÁENNOS UN PROGRAMA VARIADO E CHEO DE SORPRESAS, ESCOITADE, ESCOITADE...
martes, 19 de decembro de 2023
Ponzos nas Ondas 5º A. Especial Nadal
As nenas e nenos de 5º A cóntannos como se celebra o nadal en diferentes lugares do mundo. ademais temos as seccións habituais como As boas novas, As curiosidades, Ao son da nosa música, coa selección dun tema musical en galego, O reto....
Agardamos que vos guste!!!
domingo, 3 de decembro de 2023
5ºB FAI O SEU PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS
AFONDANDO NAS NOSAS TRADICIÓNS FAVORITAS, DE GALICIA E DOUTRAS PARTES DO MUNDO, AS NENAS E NENOS DE 5ºB AMOSANNOS UN NOVO PROGRAMA DO COLE DE PONZOS, QUE CONTA ADEMAIS COAS HABITUAIS SECCIÓNS DAS BOAS NOVAS E AS CURIOSIDADES.
AÍ VAI!!!
xoves, 23 de novembro de 2023
Programa variado 6ºA en Ponzos nas Ondas
Continuamos coa publicación de programas radiofónicos. Nesta ocasión, as nenas e nenos de 6ºA fan un programa cargado de seccións: deportes, tempo, recomendacións, novas divertidas e humor.
Para a elaboración do programa o alumnado creou unha serie de escaletas das distintas seccións para achegarse un pouco máis a este tipo de textos.
Dádelle volumen aos altofalantes e desfrutade do programa.