venres, 29 de xaneiro de 2021

Novo programa de Ponzos Nas Ondas- 3ºb

AS NENAS E NENOS DE 3º B PRESÉNTANNOS UN PROGRAMA COAS SECCIÓNS HABITUAIS, ENGADÍNDOLLE UNHA RESEÑA SOBRE O DÍA DA PAZ QUE HOXE CELEBRAMOS NO COLE...COA ACTUACIÓN ESTELAS DOS COMPAÑEIROS/AS DE 3ºA.
ADEMÁIS HOXE ESTREAMOS LOGO!!!

Aquí o tedes...

 

 

luns, 25 de xaneiro de 2021

GAÑADORA DO CONCURSO "PONZOS NAS ONDAS"

 Despois de reunidas o comité de expertas en creación artística do Equipo da Biblioteca, e logo de posta en común coa propia Chisterita, acordouse que o logo gañador do concurso dexa o de Valeria, de 6º de primaria.

Aquí tedes o seu deseño, que a partir de agora aparecerá en todos os programas de "Ponzos nas Ondas" e daranos a benvida no estudio de grabación que está próximo á inauguración.



...e aquí tedes a Valeria recollendo o seu premio de mans do director do colexio.

Parabéns a ela e a todos os participantes!!!

venres, 22 de xaneiro de 2021

VOLTA AO MUNDO

 A PESARES DO COVID 19 E DOS CONFINAMENTOS, OU XUSTAMENTE POR ISO, AS NENAS E NENOS DE E. INFANTIL ESTÁN DE VIAXE.

E DEBE SER QUE NON SE DABAN POSTO DE ACORDO NO DESTINO, QUE DECIDIRON DAR UNHA VOLTA AO MUNDO COA PERSONAXE DA NOVELA DE JULES VERNE, PHILEAS FOGG. BUENO, MAIS BEN COA SÚA VERSIÓN ANIMADA: WILLY FOG.

DEBERAN COMPLETAR A SÚA VIAXE EN 80 DÍAS, PERO PENSO QUE XA LEVAN MÁIS TEMPO E AINDA ESTÁN COMEZANDO, PORQUE ISO DE VIAXAR TAN ÁS PRESAS NON LLES DEBE PARECER MOI BOA IDEA.

OS SEUS COMPAÑEIROS/AS DE 6º DE PRIMARIA, XA QUE NON PODEN XUNTARSE CON ELES E CONTARLLES COUSAS DOS PAÍSES QUE VAN VISITANDO, DECIDIRON ENVIARLLES VIDEOS DAS SÚAS VISITAS A ESES PAÍSES (AINDA QUE NO COLE NON TEMOS CONSTANCIA DE AUSENCIAS PROLONGADAS AO CENTRO POR PARTE DESTE ALUMNADO- DEBEN FACER VIAXES EXPRES POLAS TARDES)

MIRADE QUE VÍDEOS MÁIS CHULOS...E QUE GAÑAS DE VIAXAR!!!

 

 

SEGUIREMOS INFORMANDO

CONCURSO LOGO "PONZOS NAS ONDAS"

Como xa sabedes, antes do nadal convocamos un concurso para conseguir un logotipo para o programa de radio do colexio "Ponzos nas Ondas". Houbo moita participación, e aquí tedes os debuxos dos participantes...a ver se atopades o voso!!! 

 

O VINDEIRO LUNS SABEREMOS CAL FOI O GAÑADOR (REDOBRE DE TAMBORES)

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro traballamos no cole arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Todas as nenas e nenos do cole lembraron como debe ser o trato entre as persoas e que debemos facer para evitar a Violencia contra a muller, que é "todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbritaria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada". As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria están moi concienciados/as do que é ou non é violencia. Amosáronolo nestes vídeos...