xoves, 22 de decembro de 2022

FIN DE ANO (9 DÍAS ANTES)

 

 UNHA LOUCURA, UNHA IDEA BRILLANTE...UNHA EXPERIENCIA NOVA...E MARABILLOSA!!! 

 O ÚLTIMO DÍA ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL DECIDIMOS FESTEXALO ESTE ANO DUNHA MANEIRA DIFERENTE. XUNTAMOS AS FESTAS DO NADAL E FIXEMOS UN ALL IN ONE COA MENSAXE DA SÚA EMINENCIA O DIRECTOR ÓSCAR, O REPASO AOS MELLORES MOMENTOS DO ANO (ESCOLAR), AS CAMPANADAS DE FIN DE ANO (E OS 12 GUSANITOS...QUE NON HABÍA GAÑAS DE ESTRÉS NIN DISGUSTOS COAS UVAS) E A POSTERIOR FESTA. 

VAMOS, QUE FIXEMOS O 2022 UN POUCO MÁIS CURTO...PORQUE CONTAMOS QUE O 2023 VAI ESTAR MOITO MILLOR E QUEREMOS QUE DURE MÁIS!

AQUÍ TEDES UN RESUMO DA XORNADA.

AH...E ADEMÁIS ENTERÁMONOS DE QUE GAÑARAMOS UN PREMIO DE BAILE....POIS A BAILAR!!!

venres, 11 de novembro de 2022

GOSTAMOS DO MAGOSTO

CO BEN QUE SAÍRA O ÚLTIMO MAGOSTO AO AIRE LIBRE ANTES DA PANDEMIA, ANIMÁMONOS A REPETIR E FOMOS PASAR A MAÑÁ Á CONTORNA DA PRAIA DE DONIÑOS. ALÍ SAÍMOS CAMIÑAR, XOGAMOS COS PEÓNS, XOGAMOS NO PARQUE E, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, ASAMOS E COMIMOS CASTAÑAS...E BEBEMOS LEITE!!! VIVA O MAGOSTO!

xoves, 3 de novembro de 2022

SAMAÍN EN PONZOS 2022

 TAMÉN PARA CELEBRAR O SAMAÍN, PREPARAMOS A SALA DE MESTRES COMO SE FOSE UN CEMITERIO, CUN NICHO ADICADO A CADA MESTRE/A E Á SÚA RIDÍCULA (E AFORTUNADAMENTE FICTICIA) MORTE.

NO VÍDEO PODEDES VER COMO SE TRANSFORMOU UN ESPAZO TAN SERIO NORMALMENTE NUNHA FESTA...DO TERROR!!!


...E FIXEMOS TAMÉN A TRADICIONAL EXPOSICIÓN DE CABAZAS, CLARO!!!

NA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN OS MESTRES LUCÍA E ARTURO, COA PARTICIPACIÓN ESTELAR DE SABELA, ÁGATA E MANUEL (DE 4ºB) CONTARON E INTERPRETARON O CONTO "A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS" PARA TODO O ALUMNADO DO COLEXIO. FIXÉRONO CUN TEATRIÑO DE SOMBRAS COS SEUS PROPIOS CORPOS. AQUÍ PODEDES VER A ACTUACIÓN...

ADEMAIS, OS TEACHERS ESTHER E SERGIO LÉRON UNS POEMAS DE TIM BURTON, ACOMPAÑADOS DAS ILUSTRACIÓNS, SOBRE OS PERSONAXES ESTRANOS QUE APARECEN NO LIBRO "A MELANCÓLICA MORTE DO RAPAZ OSTRA".

xoves, 27 de outubro de 2022

BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. COMO TIÑAMOS MOITAS GAÑAS DE REPETIR OS APADRIÑAMENTOS LECTORES, QUE SEMPRE FACEMOS POLO DÍA DO LIBRO PERO COA PANDEMIA LEVABAMOS DOUS ANOS SEN FACELOS, POIS NOS DESQUITAMOS!!! MIRADE QUE IMAXES TAN CHULAS!!!

xoves, 20 de outubro de 2022

CAMBIOS NA BIBLIO

 

NON SEN TEMPO PRESENTAMOS OS TROCOS QUE SE FIXERON NA BIBLIOTECA DO COLE. NOVA CATEGORIZACIÓN, NOVOS ESPAZOS, MAIOR ACESIBILIDADE PARA TDO O ALUMNADO, MÁIS INCLUSIVA... ...E AINDA HAI NOVIDADES QUE EN BREVE PRESENTAREMOS. CHISTERITA CURROU MOITO, MOITO!!!

mércores, 29 de xuño de 2022

CARREIRA POR UCRAÍNA

NESTE CURSO, A NOSA TRADICIONAL CARREIRA DA AUGA TRANSFORMOUSE EN CARREIRA DE APOIO AOS REFUXIADOS POLA GUERRA DE UCRAÍNA. AQUÍ TEDES ALGUNHA IMAXES DO QUE OCORREU NESE DÍA...

CHISTERITA, A PELÍCULA.

As nenas e nenos de 6º de Educación Infantil de Ponzos presentan "Chisterita, a película". Un filme gravado dentro do proxecto de aula "O cine" no curso 2021-2022.  


luns, 27 de xuño de 2022

O CPI UxíoNovoneyra está en Ponzos!!!

Froito dunha convivencia e dun intercambio de comunicacións e experiencias, as nenas e nenos do CPI Uxio Novoneyra, de Seoane do Caurel, están con nós na radio de Ponzos nas Ondas. O alumnado de 4º xa visitou e gozou O Caurel a semana pasada, e agora estamos compartindo o noso cole onde ceamos, durmimos e facemos actividades todos/as xuntos. Na noite do martes 14 ao mércores 15, á 1 da mañá, na radio do cole, cun ollo aberto e outro pechado, gravouse este episodio nocturno de Ponzos nas Ondas. Improvisación e espontaneidade en estado puro...pero un documento histórico. Jejeje...

domingo, 26 de xuño de 2022

DIFERENTES DIFERENZAS

E CO FIN DO CURSO CHEGA TAMÉN O ÚLTIMO CONTO DE CHISTERITA, ACOMPAÑADA DAS NENAS E NENOS DE 5ºA PRESENTÁNDONOS A MOITOS AMIGOS E AMIGAS DIFERENTES, QUEN SERÁN?

xoves, 23 de xuño de 2022

ÚLTIMO PROGRAMA DA TEMPADA. 3º

 

  AS NENAS E NENOS DE TERCEIRO FIXERON O ÚLTIMO PROGRAMA DESTE CURSO. UN PROGRAMA VARIADO E QUE XA SOA E CHEIRA A VACACIÓNS.
ESCOITÁDEO, QUE TEDES TEMPO...

domingo, 19 de xuño de 2022

MADEIRA E METAL

 

 HOXE CHISTERITA, COA AXUDA DA CLASE DE 2º, CONVÍDANOS A COÑECER A HISTORIA DE AIXA, UNHA NENA AVENTUREIRA E ARGALLEIRA QUE TEN QUE MARCHAR DA SÚA FERMOSA E QUERIDA ALDEA PARA VIVIR NA CIDADE. QUE PASARÁ?

domingo, 5 de xuño de 2022

Ponzos nas Ondas 4ºA

As nenas e nenos de 4ºA fan o seu segundo programa desta tempada. Cóntannos noticias asombrosas, case diriase que incribles...

mércores, 25 de maio de 2022

PONZOS NAS ONDAS 4ºB

 

 NESTE NOVO PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS, AS NENAS E NENOS DE 4ºB DANNOS RECOMENDACIÓNS DE CINEMA, LECTURA, MASCOTAS, ROUPA...E MOITAS COUSAS MÁIS.
PERO TAMÉN HAI DEBATE, MÚSICA, BOAS NOVAS, E UNHA INTERVIEW AO TEACHER PABLO.
AÍ VAI!!!!

martes, 24 de maio de 2022

Letras galegas 2022. 1º CEIP PONZOS. A MÁQUINA DO TEMPO

As nenas e nenos de 1º de EP prepararon un podcast para contarnos como foi a vida de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado nas letras galegas deste ano. Para iso, voltan a subir á máquina do tempo e conversan co autor. Esperamos que vos guste...

domingo, 22 de maio de 2022

EXPERIMENTOS DE CHISTERITA 4ºB

 

As nenas e nenos de 4ºB preséntannos unha serie de experimentos físicos, químicos...non sei eu. A ver que é o que nos traen estes científicos loucos...

xoves, 5 de maio de 2022

Ponzos nasOndas 5º A. Letras Galegas

Que valentes! As nenas e nenos de 5ºA saen do estudio a facer o seu programa. Entrevistas polo cole, pola rúa, polo barrio...e todo acerca do tema deste programa: a celebración do Día das Letras Galegas. Quedou un programa ben chulo(e ben longo!!!) ... é que estes de 5ºA sonche xa uns expertos na radio de Ponzos.

domingo, 24 de abril de 2022

5ºB. Radioteatro, Día do libro...e as seccións habituais.

 

 Neste novo programa de Ponzos nas Ondas o alumnado de 5ºB proban unha fórmula que foi moi popular hai anos pero que aínda ninguén se atrevera a levar adiante no programa: unha obra de teatro radiofónico.
Ademáis fálannos do Día do libro e aparecen as habituais e non menos interesantes seccións de Recomendacións de 4ºB, as Boas Novas de 5ºA e as Apertas Musicais.
Agardamos vos guste...

luns, 18 de abril de 2022

RA DE 3 OLLOS

Como o pasado 20 de Marzo foi o día internacional da rá, Chisterina contamos a historia dunha gran amiga súa. Quen será ? Coñecédela? 

PONZOS NAS ONDAS 6º DE EP

As nenas e nenos de 6º conducen un programa moi especial onde lembran o seu paso polo cole. Seguro que recoñecedes e compartides moitos recordos con eles. Escoitade....

domingo, 27 de marzo de 2022

Ponzos nas Ondas. Os Superpeques. Programa da aula de 3 anos.

Con moito traballo e esforzo, e coa dose habitual de simpatia, as nenas e nenos de 3 aniños fan o seu primeiro programa na radio do cole. Un aplauso enorme para eles e elas, que se escoite en todo o barrio e un pouco máis aló.

domingo, 13 de marzo de 2022

Ponzos nas Ondas. Infantil 4 anos

As nenas e os nenos de 4 anos do cole entraron na radio a divertirse e a facer un pedazo de programa onde nos contan chistes, contos, cancións e nos presentan as Apertas Musicais. Ademáis temos as seccións habituais que nos trae a chavalada de 4ºB e 5ºA. Agardamos que vos guste, e un grande aplauso para os peques que tan ben o fixeron!

venres, 11 de marzo de 2022

FRIDA K Y JANE G

 E AQUÍ TEMOS DE NOVO A CHISTERITA QUE NOS CONVIDA A COÑECER A VIDA DE DÚAS MULLERES XENIAIS,...QUEN SERÁN? ..... A VER SE AS COÑECEDES!!!!

 

venres, 4 de marzo de 2022

Gato rojo, Gato azul

 

 Chisterita cóntanos un novo conto coa axuda de nenas e nenos de 4ºB. Gato rojo, gato azul. Agardamos que vos guste...

mércores, 2 de marzo de 2022

DÍA ROSALÍA LSE

 Festexando a Rosalía,

 Xabi recita unha das súas poesías,

 Debuxa un poema no ar,

 Movendo as mans para signar. 


venres, 25 de febreiro de 2022

PONZOS NAS ONDAS. ESPECIAL ROSALÍA

 

 Programa especial de Ponzos nas Ondas presentado polos nenos e nenas da aula de 5 anos de Educación Infantil. Todo o colexio preparou contidos sobre Rosalía de Castro que agora presentamos neste programa. Esperamos que vos guste....

domingo, 6 de febreiro de 2022

PONZOS NAS ONDAS, O PROGRAMA DE 1º

ESCOITADE QUE PROGRAMA SE MARCARON AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO!! ADEMÁIS DAS SORPRESAS QUE NOS PRESENTAN, TEMOS TAMÉN AS SECCIÓNS HABITUAIS DAS BOAS NOVAS, POR PARTE DE 5ºA...E AGORA TAMÉN AS RECOMENDACIÓNS DE 4ºB. ESCOITADE, ESCOITADE...

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Contos para o Día da Paz

 Celebramos no cole o Día da Paz, a falla dos actos habituais de convivencia entre nenos e nenas de diferentes idades, con unha sesión de contos. Nenas e nenos de 6º de Primaria, os maiores do cole, len uns contos sobre a paz, a non violencia, a resolución de conflitos...para que os escoitedes nas aulas ou nas vosas casas (ou onde sexa).