xoves, 23 de novembro de 2023

Programa variado 6ºA en Ponzos nas Ondas

 Continuamos coa publicación de programas radiofónicos. Nesta ocasión, as nenas e nenos de 6ºA fan un programa cargado de seccións: deportes, tempo, recomendacións, novas divertidas e humor.

Para a elaboración do programa o alumnado creou unha serie de escaletas das distintas seccións para achegarse un pouco máis a este tipo de textos.

Dádelle volumen aos altofalantes e desfrutade do programa.

martes, 7 de novembro de 2023

A CREBEIRA MARABILLAS COMPLETO

 

 Ola amiguñas e amiguiños, despois de moito tempo xa estou aquí con historas e contos preciosos. Nesta ocasión son as nenas e nenos de 6ºB os que me axudan a contar esta marabillosa historia na que se atopan fantásticos tesouros que trae o mar. Acompañádesnos? Agardamos que vos guste ;)

domingo, 5 de novembro de 2023

6º B recuperan PONZOS nas ONDAS

Despois dunha longa tempada de pouca actividade radiofónica, voltamos cunha nova edición de Ponzos nas Ondas, o podcast da radio do CEIP Ponzos de Ferrol.
Nesta ocasión recuperan o traballo nas ondas o alumnado de 6º de primaria. Temos o estilo de sempre, pero con voces e seccións novas.
Ao longo deste curso, cada 15 días aproximadamente, faremos un novo episodio.
Aí vos vai!!!