Actividades realizadas e enlaces recomendados polo equipo da biblioteca do CEIP de Ponzos
xoves, 30 de marzo de 2017
PROXECTO INFANTIL: O UNIVERSO
Como o alumnado de educación infantil realizou durante o segundo trimestre un proxecto sobre o universo, o alumnado de 6º de primaria baixou ás súas aulas para presentar unha serie de curiosidades sobre este tema.
Ademais, o equipo da biblioteca realizou unha presentación (xogo de pistas) para que os máis pequenos.
DÍA DA POESÍA E SEMANA DA PRENSA 2017
Con motivo do día da poesía, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou uns versos buscando palabras que rimasen con unha que lle demos nós.
Ademais, pola semana da prensa buscamos noticias sobre o entroido e sobre o universo (proxecto que realizaron en infantil) para expoñer no taboleiro da entrada do colexio.
ENTROIDO 2017
Con motivo da celebración do Entroido, na biblioteca visualizamos unha presentación con información sobre as diferentes personaxes do entroido, o calendario de celebración, etc...
Ademais, realizamos un "mapa do Entroido", cos lugares típicos de celebracións, receitas... E tamén nos visitou un destes personaxes típicos, que compartiu un día co alumnado do colexio.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, visitounos unha muller científica, Ana Jesús López Díaz, que nos falou sobre a ciencia.
Ademais, a compañía de teatro Ghazafelhos representounos unha obra baseada no libro "O país dos mandóns".
VISITAS DE AUTORES
NESTE SEGUNDO TRIMESTRE VISITÁRONNOS DOUS ESCRITORES:
- ANDREA MACEIRAS, QUE FALOU DO SEU LIBRO "VOLVERÁS GOLFIÑO" AO ALUMNADO DE 5º E 6º.
- IAGO LÓPEZ, QUE REPRESENTOU COS NENOS E NENAS DE 1º E 2º OS MISTERIOS DO LIBRO "O COCIÑEIRO MARTIÑO".
DÍA DA PAZ
Con motivo do Día da Paz, elaboramos un mural entre todo o alumnado e profesorado do colexio e coñecimos o significado desta data con actividades na biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)