xoves, 29 de outubro de 2020

xoves, 22 de outubro de 2020

Ceip ponzos limpa a praia de Ponzos

Como final retardado do programa Voz Natura traballado no curso pasado, centrado na reciclaxe e no tratamento e redución de plásticos, os nenos e nenas de 5º e 6º de EP do Ceip Ponzos fomos á praia que dá nome ao noso centro(e á rúa na que se sitúa) para limpar, todo o que poidemos, os restos inorgánicos que trae o mar e que deixamos nas nosas visitas á praia. Logo chamáronnos de Radio Voz para facernos unha entrevista. Neste video tedes un resumo da actividade.

luns, 19 de outubro de 2020

Os contos de Chisterita

Aí vos vai a primeira entrega dos contos de Chisterita neste curso. Co apoio da lingua de signos e os pictogramas, Chisterita cóntanos un conto moi chulísimo sobre..., mellor escoitádeo.