luns, 16 de abril de 2018

PROXECTO ÁFRICA

DÍA DA POESÍA

DÍA DE ROSALÍA E DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do día de Rosalía de Castro, o alumnado de primaria buscou información sobre ela nos ordenadores da biblioteca e realizamos actividades LIM. Ademais, polo día da muller traballadora visitáronnos dúas mulleres que realizan traballos maioritariamente realizados por homes (enxeñeira e policía). Faláronnos dos seus traballos e preguntámoslles as nosas dúbidas.

SEMANA PRENSA E VISITA AUTORES

Con motivo da Semana da Prensa fixemos un mural con noticias sobre os países do Entroido e sobre as mulleres. Ademais, visitounos Antón Cortizas (para falar co alumnado de 4º de EP) e María Canosa (de 3º a 6º, porque leron os seus libros). Falamos con eles e preguntámoslles dúbidas.
Polo Entroido disfrazámonos e obedecimos aos mandatos do Meco. Ademais, vimos unha presentación sobre o Entroido na biblioteca.

xoves, 12 de abril de 2018

Tríptico 2º trimestre e día da paz

Ao iniciar o segundo trimestre entregamos un tríptico informativo ao alumnado de primaria. Ademais, celebramos o día da paz e fixemos un mural.