mércores, 22 de decembro de 2021

VOLVER A CASA POR NADAL... O video

 

 ...e eiquí tedes o video con ingua de signos que fixeron as nenas e nenos de 4ºB....dende O Courel!!!

Ponzos canta VOLVER A CASA POR NADAL

 

 No cole fixemos unha adaptación superchachi do temazo do Xabarín Club. Coa colaboración imprescindible de Fran ás guitarras, baixo e coros, Natalia na voz e Roque na batería, as nenas e nenos do cole cantamos con ledicia esta panxoliña rock que celebra estar no cole...e volver a casa por Nadal.
A cantala a coro nas casas nos xantares e ceas Navideñas!!!
(coa mascariña...por aquelo do bichiño)
Bo Nadal!!!

luns, 20 de decembro de 2021

Aquí tedes o conto de Nadal que vos adica Chisterita, a nosa mascota Bibliotecaria. Esta vez ven in English, e contánolo Natalia, a nosa auxiliar de conversa. Que chulo, xa veredes! Bo Nadal a todas e todos!

Ponzos nas Ondas. 3º EP

As nenas e nenos de 3º fan o programa quincenal de Ponzos nas Ondas, o último deste 2021. Dan un repaso á actualidade, cóntannos historias interesantes e presentannos as seccións habituais das Apertas Musicais e As Boas Novas. A escoitalo todo o mundo!

venres, 3 de decembro de 2021

Ponzos nas ondas 4ºa

REGRESA O PROGRAMA RADIOFÓNICO DO CEIP DE PONZOS COA SÚA PROPOSTA QUINCENAL. AGORA TÓCALLE O TURNO AO CURSO DE 4º A DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ESCOITADE, ESCOITADE.... 


luns, 22 de novembro de 2021

PONZOS NAS ONDAS 4ºB

 

AS NENAS E NENOS DE 4º B FIXERON UN PROGRAMA BEN COMPLETO E VARIADO. CADA DÍA NOS SAEN MILLOR. TEDES QUE ESCOITALO! 

 

Durante a grabación do programa de radio de 4ºB, grabamos tamén un video co proceso, para que vexades como facemos un programa. Ah!...e hai tomas falsas!!!

mércores, 10 de novembro de 2021

Michael McMichael

Retorna Chisterita neste curso cun conto de medo para celebrar o samaín. Michael sube ao autobús, pero parece que non se atopa nun bus normal e corrente...

domingo, 7 de novembro de 2021

Halloween e Samaín. 5º A

 

 O alumnado de 5º A conseguiu entrevistar a algúns dos personaxes máis importantes e (seguramente) esquivos destas celebracións. Ademáis, temos as seccións habituais con as Boas Novas e as Apertas Musicais. Un programa terrorífico!!!

domingo, 24 de outubro de 2021

Ponzos nas ondas- 5ºb

 

 AS RAPAZAS E RAPACES DE 5ºB PREPARARON UN PROGRAMA BEN VARIADO E DIVERTIDO. COAS SECCIÓNS HABITUAIS DAS BOAS NOVAS, AS APERTAS MUSICAIS E UNHAS CURIOSIDADES SOBRE OS RECORD GUINNES, CHISTES E UNHA ENTREVISTA EN INGLÉS. SEGURO QUE VOS GUSTA!

luns, 18 de outubro de 2021

APERTAS MUSICAIS

 

BOTAS DE MENOS A UNHA AMIGA OU AMIGO?  

DEDÍCALLE A TÚA CANCIÓN FAVORITA EN GALEGO!

ABRIMOS NOVA SECCIÓN EN PONZOS NAS ONDAS!

EN CADA PROGRAMA DE RADIO ESCOLLERASE UNHA CANCIÓN DAS DEDICATORIAS QUE FAGADES, E O RESTO SERÁN INCLUÍDAS NA LISTA DE REPRODUCIÓN DA NOSA CANLE DE YOUTUBE.OS NENOS E NENAS PODERÁN ESCOLLER UNHA CANCIÓN PARA CADA PROGRAMA DE RADIO E PARTICIPAR EN TODOS OS PROGRAMAS QUE QUEIRAN.
O COVID MARCA A DISTANCIA PERO NON
NOS SEPARA

 

mércores, 13 de outubro de 2021

PONZOS NAS ONDAS. CONTACONTOS DE 6º

COMEZAMOS COA EMISIÓN DOS PODCAST DE PONZOS NAS ONDAS, QUE NESTA NOVA TEMPADA-CURSO ESCOLAR TENTARÁ FACER UN PROGRAMA QUINCENAL. OS PRIMEIROS EN POÑERSE DIANTE DOS MICROS FORON OS MAIORES, QUE CREARON UNHAS HISTORIAS QUE COMPOÑEN ESTE NOVO PROGRAMA. HAI, ADEMÁIS, SECCIÓNS NOVAS, QUE SERÁN FIXAS DURANTE ESTE CURSO: AS APERTAS MUSICAIS E AS NOTICIAS BOAS. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

mércores, 30 de xuño de 2021

Carreira da auga 2020 e 2021

Despois da edición cancelada a última hora do curso anterior (polos motivos que todas/os coñecemos), este ano voltamos disfrutar no Bertón da Carreira da auga que organizamos colaborando coa campaña de Unicef "Auga para Níxer". Como as familias non poidestes vir o día da actividade (polos motivos que todas/os coñecemos...outra vez) pois aquí tedes un pequeno resume da xornada.

 

Robótica

E como sempre, neste cole seguimos a aprender moitas cousas. Nesta ocasión deixámosvos un vídeo de todo o que fixemos cos robots neste trimestre.

Estes rapaces saben facer de todo!

...poden plantar leitugas e tomates, ou facer que un robot toque música, se mova ou acenda as luces...son xeniais!!!


Brasil

Nunha nova reviravolta na nosa viaxe pasamos tamén por Brasil, para bailar unha Samba, cantar Bossanova, xogar ao futebol con Pelé ou... a ver que nos contan as nenas de 6º de Brasil. 

 

mércores, 23 de xuño de 2021

Tertulia na horta

Este é un programa especial de Ponzos nas Ondas, elaborado completamente polo alumnado de 6º de primaria, sobre a alimentación saudable a través dun percorrido histórico. Temos unhas convidadas especiais que nos axudarán a profundizar neste tema a través dunha charla-tertulia que gravamos levando a nosa radio á horta. Agardamos que vos guste. 

 

luns, 21 de xuño de 2021

O último conto de Chisterita...A toupiña que quería saber

 ...e colorín colorado, este curso está rematado. Con alegría e emoción, Chisterita tamén colle vacacións. Co conto da Toupiña, que as personiñas de 4º fixeron de marabilla, rematamos a función.

 

Imos chegando ao fin da viaxe...

México

 Cuando era un niño, y conocí el Estadio Azteca, me quedé mudo...cantaba un cantante. Chegamos con Willy fog a México, e unha nena que ten moito que ver co país vainos dar a coñecer este gran país.

  

Cuba 

Chegamos no noso periplo á perla do Caribe, á illa de Cuba. Veredes cantos segredos agocha esta marabillosa e fascinante viaxe. 

 

Galicia 

Ainda que na viaxe de Julio Verne o señor Willy Fog non pasaba pola nosa terra...supoñemos que foi un despiste, que non tiña un barco de mariñeiros perto, ou que non tiña tempo para o Camiño de Santiago, ou o que sexa. O caso é que os nenos e nenas de Infantil sí van chegar a Galicia, e son os de 6º quen llo presenta. 

luns, 14 de xuño de 2021

OS MAIOS ...CON LETRA

Actualizamos a entrada da canción que grabamos con motivos dos Maios. A letra das coplas foi elaborada polas nenas e nenos dos distintos cursos. Aquí a tedes... por se non se distingue ben por medio das sublimes interpretacións vocais dos nenos/as cantores de Ponzos.

NO COLE DE PONZOS

GÚSTANOS FACER

MAIOS MOI VISTOSOS

PARA PODER VER.

 

PARA FACER O MAIO

TEMOS QUE TRAER

AS FLORES DE CORES

LARANXAS TAMÉN.

 

TODO O COLE XUNTOS

IMOS CELEBRAR

A FESTA DOS MAIOS

OUTRO ANO MÁIS.

 

NESTE MES DE MAIO

VAI CHEGAR O SOL

FLORECEN AS FLORES

E VEN O CALOR.

 

AGORA QUE É MAIO

ÍMOSLLE CANTAR

UNHA LINDA COPLA

PARA CELEBRAR.

 

NESTE MES DE MAIO

DEBEMOS COLLER

UNHA CHEA DE FLORES

E OS MAIOS FACER.

 

VINDE VER O MAIO

DO COLE DE PONZOS

BAILAREMOS XUNTOS

ATA A MADRUGADA.

 

NARCISOS E ROSAS

DEBO RECOLLER

PARA UN BON MAIO

FLORES HAI QUE  TER.

 

EN 3º A

CANTÁMOSLLE AO MAIO

SE VAI MOITO FRÍO

NON QUITES O SAIO.

 

CHEGOU A PRIMAVERA

E OS MAIOS TAMÉN

IMOS COLLER FLORES

E ALGO DE COMER.

 

AS FLORES FLORECEN

OS PAXAROS CANTAN

A FESTA COMEZA

O INVERNO REMATA.

 

5º Canta e recita a Xela Arias

Baseándonos nunha adaptación musical dun poema de Xela Arias que nos enviou o cantor guardés Tino Baz, montamos entre o alumnado de 5º de primaria este pequeno tema con algúns dos versos que máis nops gustaron do libro Dario a diario.  


luns, 7 de xuño de 2021

CHEGAMOS NA VOLTA AO MUNDO...A NEW YORK

 

Neste vídeo ides aprender moitas cousas sobre esta enorme cidade, Nova York. Cousas como, a Estatua da Liberdade, o Central Park...

CHEGAMOS A SAN FRANCISCO

DESPOIS DUNHA LONGA VIAXE DESDE YOKOHAMA, CHEGAMOS A ESTADOS UNIDOS. SABEDES QUE ESTE PAÍS TEN 50 ESTADOS? POIS NESTE VÍDEO IDES APRENDER UN POUCO MÁIS SOBRE UN DELES: SAN FRANCISCO

venres, 4 de xuño de 2021

DISCOS PONZOS

Dende que puxemos en marcha a radio escolar e o programa "Ponzos nas Ondas", paralelemente imos gravando de cando en vez algunha canción para as ocasións especiais. Ata agora fomos publicándoas nos programas de radio, con entradas específicas neste blog, ou na web do colexio. Agora aproveitamos para xuntalas todas nesta entrada con enlaces a Ivoox, onde podedes escoitar os temos gravados cos nenos e nenas. Case todos corresponden a este curso 2020-2021, no que estivemos especialmente inspirados... Xa case temos para un disco!!!

martes, 25 de maio de 2021

PONZOS NAS ONDAS 1º DE PRIMARIA

AS NENAS E NENOS DE 1º DE PRIMARIA REALIZAN O SEU PROGRAMA DE "PONZOS NAS ONDAS", NA RADIO ESCOLAR DO NOSO COLEXIO. PARTICIPAN TODAS E TODOS, ESCOITÁDEOS.

xoves, 29 de abril de 2021

IMOS CAZAR UN OSO

Nesta última historia, Chisterita e Claudia convídannos a percorrer unha gran aventura cuns nenos que van á procura dun oso. Atoparán algún?

luns, 26 de abril de 2021

Xapón

Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen coa súa viaxe da volta ao mundo en 80 días. Agora que xa remataron de ver China, toca ¡Xapón! Esta cultura é moi bonita. Nesta cultura existen as geishas que se visten cun kimono. Esperemos que aprendades moito nesta viaxe a Xapón, ¡un saúdo das nenas e nenos de 6º!

martes, 23 de marzo de 2021

Os contos de Chisterita- AVÓS

As nenas e nenos de 3ºA axudan a Chisterita a contarnos o conto AVÓS, escrito por Chema Heras e Ilustrado por Rosa Osuna. Unha parella colle forzas para prepararse e ir ao baile...

martes, 16 de marzo de 2021

Infantil vai a Oriente

As nenas e nenos de Educación Infantil continúan coa súa viaxe polo mundo acompañando a Willy Fog, estiveron na India e agora están coñecendo China. Non sabemos se conseguirán gañar a aposta, porque a verdade é que os 80 días non sei se non pasarían hai tempo...pero estano pasando moi ben, e APRENDENDO UN MUNDO!!!

martes, 9 de marzo de 2021

As nenas e nenos de 2º preséntannos o seu programa de radio coas seccións habituais. Imos escoitalos para saber como está o mundo dentro e fóra do cole.

luns, 22 de febreiro de 2021

Ponzos nas Ondas, de 3º A.

Os nenos e nenas de 3ºA fixeron un novo programa de Ponzos nas Ondas. Ademáis das seccións habituais, cóntannos cousas do Entroido, que este ano está sendo, xa foi, máis estrano que nunca. Ah, e vai incluído o tema tradicional "O Galo" na versión que fixemos no cole para celebrar esta festa. Esperamos que vos guste!

mércores, 3 de febreiro de 2021

OS CONTOS DE CHISTERITA

Ola de novo! Hoxe Chisterita cóntanos unha historia de elefantes(ou non) para o Día da Paz e a non Violencia. Agardamos que vos guste...e vos faga pensar.

venres, 29 de xaneiro de 2021

Novo programa de Ponzos Nas Ondas- 3ºb

AS NENAS E NENOS DE 3º B PRESÉNTANNOS UN PROGRAMA COAS SECCIÓNS HABITUAIS, ENGADÍNDOLLE UNHA RESEÑA SOBRE O DÍA DA PAZ QUE HOXE CELEBRAMOS NO COLE...COA ACTUACIÓN ESTELAS DOS COMPAÑEIROS/AS DE 3ºA.
ADEMÁIS HOXE ESTREAMOS LOGO!!!

Aquí o tedes...

 

 

luns, 25 de xaneiro de 2021

GAÑADORA DO CONCURSO "PONZOS NAS ONDAS"

 Despois de reunidas o comité de expertas en creación artística do Equipo da Biblioteca, e logo de posta en común coa propia Chisterita, acordouse que o logo gañador do concurso dexa o de Valeria, de 6º de primaria.

Aquí tedes o seu deseño, que a partir de agora aparecerá en todos os programas de "Ponzos nas Ondas" e daranos a benvida no estudio de grabación que está próximo á inauguración.



...e aquí tedes a Valeria recollendo o seu premio de mans do director do colexio.

Parabéns a ela e a todos os participantes!!!

venres, 22 de xaneiro de 2021

VOLTA AO MUNDO

 A PESARES DO COVID 19 E DOS CONFINAMENTOS, OU XUSTAMENTE POR ISO, AS NENAS E NENOS DE E. INFANTIL ESTÁN DE VIAXE.

E DEBE SER QUE NON SE DABAN POSTO DE ACORDO NO DESTINO, QUE DECIDIRON DAR UNHA VOLTA AO MUNDO COA PERSONAXE DA NOVELA DE JULES VERNE, PHILEAS FOGG. BUENO, MAIS BEN COA SÚA VERSIÓN ANIMADA: WILLY FOG.

DEBERAN COMPLETAR A SÚA VIAXE EN 80 DÍAS, PERO PENSO QUE XA LEVAN MÁIS TEMPO E AINDA ESTÁN COMEZANDO, PORQUE ISO DE VIAXAR TAN ÁS PRESAS NON LLES DEBE PARECER MOI BOA IDEA.

OS SEUS COMPAÑEIROS/AS DE 6º DE PRIMARIA, XA QUE NON PODEN XUNTARSE CON ELES E CONTARLLES COUSAS DOS PAÍSES QUE VAN VISITANDO, DECIDIRON ENVIARLLES VIDEOS DAS SÚAS VISITAS A ESES PAÍSES (AINDA QUE NO COLE NON TEMOS CONSTANCIA DE AUSENCIAS PROLONGADAS AO CENTRO POR PARTE DESTE ALUMNADO- DEBEN FACER VIAXES EXPRES POLAS TARDES)

MIRADE QUE VÍDEOS MÁIS CHULOS...E QUE GAÑAS DE VIAXAR!!!

 

 

SEGUIREMOS INFORMANDO

CONCURSO LOGO "PONZOS NAS ONDAS"

Como xa sabedes, antes do nadal convocamos un concurso para conseguir un logotipo para o programa de radio do colexio "Ponzos nas Ondas". Houbo moita participación, e aquí tedes os debuxos dos participantes...a ver se atopades o voso!!! 

 

O VINDEIRO LUNS SABEREMOS CAL FOI O GAÑADOR (REDOBRE DE TAMBORES)

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro traballamos no cole arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Todas as nenas e nenos do cole lembraron como debe ser o trato entre as persoas e que debemos facer para evitar a Violencia contra a muller, que é "todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbritaria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada". As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria están moi concienciados/as do que é ou non é violencia. Amosáronolo nestes vídeos...