mércores, 29 de xuño de 2022

CARREIRA POR UCRAÍNA

NESTE CURSO, A NOSA TRADICIONAL CARREIRA DA AUGA TRANSFORMOUSE EN CARREIRA DE APOIO AOS REFUXIADOS POLA GUERRA DE UCRAÍNA. AQUÍ TEDES ALGUNHA IMAXES DO QUE OCORREU NESE DÍA...

CHISTERITA, A PELÍCULA.

As nenas e nenos de 6º de Educación Infantil de Ponzos presentan "Chisterita, a película". Un filme gravado dentro do proxecto de aula "O cine" no curso 2021-2022.  


luns, 27 de xuño de 2022

O CPI UxíoNovoneyra está en Ponzos!!!

Froito dunha convivencia e dun intercambio de comunicacións e experiencias, as nenas e nenos do CPI Uxio Novoneyra, de Seoane do Caurel, están con nós na radio de Ponzos nas Ondas. O alumnado de 4º xa visitou e gozou O Caurel a semana pasada, e agora estamos compartindo o noso cole onde ceamos, durmimos e facemos actividades todos/as xuntos. Na noite do martes 14 ao mércores 15, á 1 da mañá, na radio do cole, cun ollo aberto e outro pechado, gravouse este episodio nocturno de Ponzos nas Ondas. Improvisación e espontaneidade en estado puro...pero un documento histórico. Jejeje...

domingo, 26 de xuño de 2022

DIFERENTES DIFERENZAS

E CO FIN DO CURSO CHEGA TAMÉN O ÚLTIMO CONTO DE CHISTERITA, ACOMPAÑADA DAS NENAS E NENOS DE 5ºA PRESENTÁNDONOS A MOITOS AMIGOS E AMIGAS DIFERENTES, QUEN SERÁN?

xoves, 23 de xuño de 2022

ÚLTIMO PROGRAMA DA TEMPADA. 3º

 

  AS NENAS E NENOS DE TERCEIRO FIXERON O ÚLTIMO PROGRAMA DESTE CURSO. UN PROGRAMA VARIADO E QUE XA SOA E CHEIRA A VACACIÓNS.
ESCOITÁDEO, QUE TEDES TEMPO...

domingo, 19 de xuño de 2022

MADEIRA E METAL

 

 HOXE CHISTERITA, COA AXUDA DA CLASE DE 2º, CONVÍDANOS A COÑECER A HISTORIA DE AIXA, UNHA NENA AVENTUREIRA E ARGALLEIRA QUE TEN QUE MARCHAR DA SÚA FERMOSA E QUERIDA ALDEA PARA VIVIR NA CIDADE. QUE PASARÁ?

domingo, 5 de xuño de 2022

Ponzos nas Ondas 4ºA

As nenas e nenos de 4ºA fan o seu segundo programa desta tempada. Cóntannos noticias asombrosas, case diriase que incribles...