luns, 27 de xuño de 2022

O CPI UxíoNovoneyra está en Ponzos!!!

Froito dunha convivencia e dun intercambio de comunicacións e experiencias, as nenas e nenos do CPI Uxio Novoneyra, de Seoane do Caurel, están con nós na radio de Ponzos nas Ondas. O alumnado de 4º xa visitou e gozou O Caurel a semana pasada, e agora estamos compartindo o noso cole onde ceamos, durmimos e facemos actividades todos/as xuntos. Na noite do martes 14 ao mércores 15, á 1 da mañá, na radio do cole, cun ollo aberto e outro pechado, gravouse este episodio nocturno de Ponzos nas Ondas. Improvisación e espontaneidade en estado puro...pero un documento histórico. Jejeje...

Ningún comentario:

Publicar un comentario