mércores, 25 de maio de 2022

PONZOS NAS ONDAS 4ºB

 

 NESTE NOVO PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS, AS NENAS E NENOS DE 4ºB DANNOS RECOMENDACIÓNS DE CINEMA, LECTURA, MASCOTAS, ROUPA...E MOITAS COUSAS MÁIS.
PERO TAMÉN HAI DEBATE, MÚSICA, BOAS NOVAS, E UNHA INTERVIEW AO TEACHER PABLO.
AÍ VAI!!!!

martes, 24 de maio de 2022

Letras galegas 2022. 1º CEIP PONZOS. A MÁQUINA DO TEMPO

As nenas e nenos de 1º de EP prepararon un podcast para contarnos como foi a vida de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado nas letras galegas deste ano. Para iso, voltan a subir á máquina do tempo e conversan co autor. Esperamos que vos guste...

domingo, 22 de maio de 2022

EXPERIMENTOS DE CHISTERITA 4ºB

 

As nenas e nenos de 4ºB preséntannos unha serie de experimentos físicos, químicos...non sei eu. A ver que é o que nos traen estes científicos loucos...

xoves, 5 de maio de 2022

Ponzos nasOndas 5º A. Letras Galegas

Que valentes! As nenas e nenos de 5ºA saen do estudio a facer o seu programa. Entrevistas polo cole, pola rúa, polo barrio...e todo acerca do tema deste programa: a celebración do Día das Letras Galegas. Quedou un programa ben chulo(e ben longo!!!) ... é que estes de 5ºA sonche xa uns expertos na radio de Ponzos.