xoves, 28 de maio de 2020

PONZOS NAS ONDAS DENDE CASA

PROGRAMA ESPECIAL POR MOITAS RAZÓNS. O ALUMNADO DE 6º PRESÉNTANOS UN PROGRAMA SOBRE OS MAIOS E O COVID 19. CÓNTANNOS MOITAS COUSAS INTERESANTES. ESCOITADE...

xoves, 14 de maio de 2020

PONZOS VERDESCENTE

Cando comezou o estado de alarma e o confinamento nas nosas casas, Uxía Lambona e a Banda Molona lanzounos o reto de coller a súa canción verdescente e tentar facer algo con ela de cara ao Día das Letras Galegas.
Falamos cos maiores do cole, os nenos e nenas de 6º, para que dende as súas casas nos enviaran os vídeos cos que facer o traballo.Ponzos verdescente reivindica a importancia da natureza, de coñecer e gozar dos nosos lugares(agora que os botamos tanto de menos) e quedará tamén como unha "foto de grupo" para estes rapaces e rapazas de 6º que lles tocará trocar de cole e de etapa nestas extrañas circunstancias.
Aquí o tedes: