martes, 19 de decembro de 2023

Ponzos nas Ondas 5º A. Especial Nadal

 As nenas e nenos de 5º A cóntannos como se celebra o nadal en diferentes lugares do mundo. ademais temos as seccións habituais como As boas novas, As curiosidades, Ao son da nosa música, coa selección dun tema musical en galego, O reto....
Agardamos que vos guste!!!

domingo, 3 de decembro de 2023

5ºB FAI O SEU PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS

AFONDANDO NAS NOSAS TRADICIÓNS FAVORITAS, DE GALICIA E DOUTRAS PARTES DO MUNDO, AS NENAS E NENOS DE 5ºB AMOSANNOS UN NOVO PROGRAMA DO COLE DE PONZOS, QUE CONTA ADEMAIS COAS HABITUAIS SECCIÓNS DAS BOAS NOVAS E AS CURIOSIDADES.
AÍ VAI!!!

xoves, 23 de novembro de 2023

Programa variado 6ºA en Ponzos nas Ondas

 Continuamos coa publicación de programas radiofónicos. Nesta ocasión, as nenas e nenos de 6ºA fan un programa cargado de seccións: deportes, tempo, recomendacións, novas divertidas e humor.

Para a elaboración do programa o alumnado creou unha serie de escaletas das distintas seccións para achegarse un pouco máis a este tipo de textos.

Dádelle volumen aos altofalantes e desfrutade do programa.

martes, 7 de novembro de 2023

A CREBEIRA MARABILLAS COMPLETO

 

 Ola amiguñas e amiguiños, despois de moito tempo xa estou aquí con historas e contos preciosos. Nesta ocasión son as nenas e nenos de 6ºB os que me axudan a contar esta marabillosa historia na que se atopan fantásticos tesouros que trae o mar. Acompañádesnos? Agardamos que vos guste ;)

domingo, 5 de novembro de 2023

6º B recuperan PONZOS nas ONDAS

Despois dunha longa tempada de pouca actividade radiofónica, voltamos cunha nova edición de Ponzos nas Ondas, o podcast da radio do CEIP Ponzos de Ferrol.
Nesta ocasión recuperan o traballo nas ondas o alumnado de 6º de primaria. Temos o estilo de sempre, pero con voces e seccións novas.
Ao longo deste curso, cada 15 días aproximadamente, faremos un novo episodio.
Aí vos vai!!! 


mércores, 31 de maio de 2023

Letras Galegas 2023

 

O día 18 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas. A semana anterior estivemos pintando, coa axuda da profe Lupe, o retrato de Francisco Fernández del Riego, o escritor ao que se lle adica este ano. Na celebración, fixemos un pequeno xogo de pistas, que nos levou nunha viaxe polas instalacións do cole ata que atopamos unhas palabras que, ao xuntalas e ordealas, compuxeron a seguinte mensaxe: SE BUSCABAS UN TESOURO XA NON O BUSQUES MÁIS, PONTE A FALAR GALEGO MOITO MÁIS RIC@ SERÁS.

Os nenos e nenas de 6º presentáronnos ao escritor deste ano, e logo cada aula leu unha lista con 17 nomes de árbores, deportistas, ríos, vilas e aldeas, animais, escritores/as, pintores/as, montañas e grupos musicais galegos.

martes, 25 de abril de 2023

DIA DO LIBRO

O día 24 de abril celebramos o Día do Libro cos clásicos apadriñamentos lectores, onde os nenos e nenas maiores len contos aos máis pequenos/as nos lugares do colexio que máis lles gusten. Eiquí tedes un resumo fotográfico desta xornada de lectura e compañeirismo.

martes, 21 de marzo de 2023

ENTROIDO DE PONZOS POR ULTRAMAR

PARA CELEBRAR O ENTROIDO DECIDIMOS ESTE ANO FACER UNHA HOMENAXE AO BARRIO DE ULTRAMAR, Á SÚA XENTE, Á SÚA FORMA DE VIDA... E POR ISO NOS DISFRAZAMOS INSPIRÁNDONOS NOS NEGOCIOS E TRABALLOS DOS NOSOS VECIÑOS. PERRUQUERÍAS, BARES, ESCOLAS DE MÚSICA, XIMNASIOS, PANADARÍAS, XOIERÍAS, ZAPATARÍAS....MOTIVARON AS COPLAS QUE CANTAMOS NA PRAZA DE ULTRAMAR E OS TRAXES DE NENOS E NENAS. AQUÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA DESE DÍA. 

 

 ... E AQUÍ UN VIDEO COA MAIORÍA DAS ACTUACIÓNS, MIRADE QUE BEN CANTAN!! 

venres, 10 de marzo de 2023

DIA DE ROSALIA

   

PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, CADA AULA DECOROU UNHA MACETA NA QUE UN XACINTO ESTABA A AGROMAR. QUEDOU ASÍ O BARRO DAS MACETAS CUBERTO DE VERSOS E POEMAS, DEBUXOS E MOTIVOS VARIADOS RELATIVOS Á ESCRITORA GALEGA. NESTE VIDEO VEDES UN RESUMO DO ACTO NO QUE OS NENOS E NENAS PRESENTARON O SEU TRABALLO.

xoves, 9 de febreiro de 2023

VISITA DA PINTORA VIKI RIVADULLA

 VIKI RIBADULLA VISITOU O COLEXIO PARA AMOSAR AOS NENOS E AS NENAS A SÚA ARTE. FALOUNOS DA SÚA OBRA, DO PROCESO CREATIVO, DAS MOTIVACIÓNS E OS OBXECTIVOS DO SEU TRABALLO...E PÚXONOS A PINTAR A NÓS TAMÉN.

 

martes, 7 de febreiro de 2023

PAZ 2023

 CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ VACINÁNDONOS CONTRA VIOLENTOS VIRUS QUE CREAMOS EN CADA AULA.

LOGO INTERCAMBIAMOS UNHAS PULSEIRAS CON COMPAÑEIROS/AS DE TODO O COLE, SIMBOLIZANDO ESTAR INMUNIZADOS/AS CONTRA A VIOLENCIA, AS GUERRAS E AS AGRASIÓNS DO TIPO QUE SEXAN. ...E AO FINAL, POR FIN E DESPOIS DE VARIOS ANOS, VOLTAMOS A BAILAR O "CUCHICHÍ".