martes, 7 de novembro de 2017

SAMAÍN

CELEBRAMOS O SAMAÍN CUN FOTOCALL MONSTRUOSO E UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS.

PRIMEIRAS ASCTIVIDADES DO CURSO

NESTE COMEZO DE CURSO CELEBRAMOS DENDE A BIBLIOTECA O DÍA DA ALIMENTACIÓN, O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, O DÍA DA TRADUCCIÓN... AQUI TEDES ALGUNHAS IMAXES DESTAS ACTIVIDADES.

xoves, 30 de marzo de 2017

PROXECTO INFANTIL: O UNIVERSO

Como o alumnado de educación infantil realizou durante o segundo trimestre un proxecto sobre o universo, o alumnado de 6º de primaria baixou ás súas aulas para presentar unha serie de curiosidades sobre este tema. Ademais, o equipo da biblioteca realizou unha presentación (xogo de pistas) para que os máis pequenos.

DÍA DA POESÍA E SEMANA DA PRENSA 2017

Con motivo do día da poesía, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou uns versos buscando palabras que rimasen con unha que lle demos nós. Ademais, pola semana da prensa buscamos noticias sobre o entroido e sobre o universo (proxecto que realizaron en infantil) para expoñer no taboleiro da entrada do colexio.

ENTROIDO 2017

Con motivo da celebración do Entroido, na biblioteca visualizamos unha presentación con información sobre as diferentes personaxes do entroido, o calendario de celebración, etc... Ademais, realizamos un "mapa do Entroido", cos lugares típicos de celebracións, receitas... E tamén nos visitou un destes personaxes típicos, que compartiu un día co alumnado do colexio.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, visitounos unha muller científica, Ana Jesús López Díaz, que nos falou sobre a ciencia. Ademais, a compañía de teatro Ghazafelhos representounos unha obra baseada no libro "O país dos mandóns".

VISITAS DE AUTORES

NESTE SEGUNDO TRIMESTRE VISITÁRONNOS DOUS ESCRITORES: - ANDREA MACEIRAS, QUE FALOU DO SEU LIBRO "VOLVERÁS GOLFIÑO" AO ALUMNADO DE 5º E 6º. - IAGO LÓPEZ, QUE REPRESENTOU COS NENOS E NENAS DE 1º E 2º OS MISTERIOS DO LIBRO "O COCIÑEIRO MARTIÑO".

DÍA DA PAZ

Con motivo do Día da Paz, elaboramos un mural entre todo o alumnado e profesorado do colexio e coñecimos o significado desta data con actividades na biblioteca.

xoves, 2 de febreiro de 2017

ACTIVIDADES COMEZO 2º TRIMESTRE

Ao comezo do 2º trimestre repartimos un tríptico informativo entre o alumnado, os nen@s de 4º de primaria viñeron buscar libros sobre os animais para traballar nun proxecto de aula e toda primaria realizou o concurso "Ahora caigo".