mércores, 25 de maio de 2022

PONZOS NAS ONDAS 4ºB

 

 NESTE NOVO PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS, AS NENAS E NENOS DE 4ºB DANNOS RECOMENDACIÓNS DE CINEMA, LECTURA, MASCOTAS, ROUPA...E MOITAS COUSAS MÁIS.
PERO TAMÉN HAI DEBATE, MÚSICA, BOAS NOVAS, E UNHA INTERVIEW AO TEACHER PABLO.
AÍ VAI!!!!

martes, 24 de maio de 2022

Letras galegas 2022. 1º CEIP PONZOS. A MÁQUINA DO TEMPO

As nenas e nenos de 1º de EP prepararon un podcast para contarnos como foi a vida de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado nas letras galegas deste ano. Para iso, voltan a subir á máquina do tempo e conversan co autor. Esperamos que vos guste...

domingo, 22 de maio de 2022

EXPERIMENTOS DE CHISTERITA 4ºB

 

As nenas e nenos de 4ºB preséntannos unha serie de experimentos físicos, químicos...non sei eu. A ver que é o que nos traen estes científicos loucos...

xoves, 5 de maio de 2022

Ponzos nasOndas 5º A. Letras Galegas

Que valentes! As nenas e nenos de 5ºA saen do estudio a facer o seu programa. Entrevistas polo cole, pola rúa, polo barrio...e todo acerca do tema deste programa: a celebración do Día das Letras Galegas. Quedou un programa ben chulo(e ben longo!!!) ... é que estes de 5ºA sonche xa uns expertos na radio de Ponzos.

domingo, 24 de abril de 2022

5ºB. Radioteatro, Día do libro...e as seccións habituais.

 

 Neste novo programa de Ponzos nas Ondas o alumnado de 5ºB proban unha fórmula que foi moi popular hai anos pero que aínda ninguén se atrevera a levar adiante no programa: unha obra de teatro radiofónico.
Ademáis fálannos do Día do libro e aparecen as habituais e non menos interesantes seccións de Recomendacións de 4ºB, as Boas Novas de 5ºA e as Apertas Musicais.
Agardamos vos guste...

luns, 18 de abril de 2022

RA DE 3 OLLOS

Como o pasado 20 de Marzo foi o día internacional da rá, Chisterina contamos a historia dunha gran amiga súa. Quen será ? Coñecédela? 

PONZOS NAS ONDAS 6º DE EP

As nenas e nenos de 6º conducen un programa moi especial onde lembran o seu paso polo cole. Seguro que recoñecedes e compartides moitos recordos con eles. Escoitade....