xoves, 10 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS DE CHISTERITA PARA O NADAL

 A MASCOTA DA BIBLIOTECA DE PONZOS QUERE FACERVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS CHULIS PARA LER OU PEDIR DE AGASALLO AOS REIS, AO APALPADOR, A PAPÁ NOEL OU PARA QUE MERQUEDES COS VOSOS AFORRIÑOS.

AÍ VAN...


CHISTERITA E OS SEUS LIBROS PARA O NADAL de Natalia Navaza Pérez

PETE O GATO

Velaí vai unha nova entrega dos "Contos de Chisterita" Xiana, de 3º, e Natalia, coa banda sonora do profe Fran, cóntannos unha historia optimista e ben bonita. 

 Aprendamos de Pete! 

 Rocanrol!!!

 

PONZOS NAS ONDAS- 4º- DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Os nenos e nenas de 4º fan un novo programa de Ponzos nas Ondas, variado e cheo de humor, que boa falla fai nestes tempos. Fálannos do tempo, do COVID 19, de noticias do cole...e preséntannos un concurso para facer un logotipo para este programa de radio: PONZOS NAS ONDAS.

martes, 10 de novembro de 2020

DÍa das bibliotecas escolares

PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, DENDE O CEIP DE PONZOS FIXEMOS UN PROGRAMA DE RADIO BEN COMPLETIÑO. CONTAMOS CONTOS, TAMÉN UNS CHISTES, FALAMOS DO QUE BOTAMOS DE MENOS A BIBLIOTECA E FACEMOS RECOMENDACIÓNS BIBLIOGRÁFICAS DOS LIBROS QUE MÁIS NOS GUSTAN.

xoves, 29 de outubro de 2020

xoves, 22 de outubro de 2020

Ceip ponzos limpa a praia de Ponzos

Como final retardado do programa Voz Natura traballado no curso pasado, centrado na reciclaxe e no tratamento e redución de plásticos, os nenos e nenas de 5º e 6º de EP do Ceip Ponzos fomos á praia que dá nome ao noso centro(e á rúa na que se sitúa) para limpar, todo o que poidemos, os restos inorgánicos que trae o mar e que deixamos nas nosas visitas á praia. Logo chamáronnos de Radio Voz para facernos unha entrevista. Neste video tedes un resumo da actividade.

luns, 19 de outubro de 2020

Os contos de Chisterita

Aí vos vai a primeira entrega dos contos de Chisterita neste curso. Co apoio da lingua de signos e os pictogramas, Chisterita cóntanos un conto moi chulísimo sobre..., mellor escoitádeo.