domingo, 6 de febreiro de 2022

PONZOS NAS ONDAS, O PROGRAMA DE 1º

ESCOITADE QUE PROGRAMA SE MARCARON AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO!! ADEMÁIS DAS SORPRESAS QUE NOS PRESENTAN, TEMOS TAMÉN AS SECCIÓNS HABITUAIS DAS BOAS NOVAS, POR PARTE DE 5ºA...E AGORA TAMÉN AS RECOMENDACIÓNS DE 4ºB. ESCOITADE, ESCOITADE...

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Contos para o Día da Paz

 Celebramos no cole o Día da Paz, a falla dos actos habituais de convivencia entre nenos e nenas de diferentes idades, con unha sesión de contos. Nenas e nenos de 6º de Primaria, os maiores do cole, len uns contos sobre a paz, a non violencia, a resolución de conflitos...para que os escoitedes nas aulas ou nas vosas casas (ou onde sexa). 

 

mércores, 22 de decembro de 2021

VOLVER A CASA POR NADAL... O video

 

 ...e eiquí tedes o video con ingua de signos que fixeron as nenas e nenos de 4ºB....dende O Courel!!!

Ponzos canta VOLVER A CASA POR NADAL

 

 No cole fixemos unha adaptación superchachi do temazo do Xabarín Club. Coa colaboración imprescindible de Fran ás guitarras, baixo e coros, Natalia na voz e Roque na batería, as nenas e nenos do cole cantamos con ledicia esta panxoliña rock que celebra estar no cole...e volver a casa por Nadal.
A cantala a coro nas casas nos xantares e ceas Navideñas!!!
(coa mascariña...por aquelo do bichiño)
Bo Nadal!!!

luns, 20 de decembro de 2021

Aquí tedes o conto de Nadal que vos adica Chisterita, a nosa mascota Bibliotecaria. Esta vez ven in English, e contánolo Natalia, a nosa auxiliar de conversa. Que chulo, xa veredes! Bo Nadal a todas e todos!

Ponzos nas Ondas. 3º EP

As nenas e nenos de 3º fan o programa quincenal de Ponzos nas Ondas, o último deste 2021. Dan un repaso á actualidade, cóntannos historias interesantes e presentannos as seccións habituais das Apertas Musicais e As Boas Novas. A escoitalo todo o mundo!

venres, 3 de decembro de 2021

Ponzos nas ondas 4ºa

REGRESA O PROGRAMA RADIOFÓNICO DO CEIP DE PONZOS COA SÚA PROPOSTA QUINCENAL. AGORA TÓCALLE O TURNO AO CURSO DE 4º A DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ESCOITADE, ESCOITADE....