Actividades realizadas e enlaces recomendados polo equipo da biblioteca do CEIP de Ponzos
xoves, 29 de abril de 2021
IMOS CAZAR UN OSO
Nesta última historia, Chisterita e Claudia convídannos a percorrer unha gran aventura cuns nenos que van á procura dun oso. Atoparán algún?
luns, 26 de abril de 2021
Xapón
Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen coa súa viaxe da volta ao mundo en 80 días. Agora que xa remataron de ver China, toca ¡Xapón! Esta cultura é moi bonita. Nesta cultura existen as geishas que se visten cun kimono. Esperemos que aprendades moito nesta viaxe a Xapón, ¡un saúdo das nenas e nenos de 6º!
martes, 23 de marzo de 2021
Os contos de Chisterita- AVÓS
As nenas e nenos de 3ºA axudan a Chisterita a contarnos o conto AVÓS, escrito por Chema Heras e Ilustrado por Rosa Osuna. Unha parella colle forzas para prepararse e ir ao baile...
martes, 16 de marzo de 2021
Infantil vai a Oriente
As nenas e nenos de Educación Infantil continúan coa súa viaxe polo mundo acompañando a Willy Fog, estiveron na India e agora están coñecendo China. Non sabemos se conseguirán gañar a aposta, porque a verdade é que os 80 días non sei se non pasarían hai tempo...pero estano pasando moi ben, e APRENDENDO UN MUNDO!!!
martes, 9 de marzo de 2021
luns, 22 de febreiro de 2021
Ponzos nas Ondas, de 3º A.
Os nenos e nenas de 3ºA fixeron un novo programa de Ponzos nas Ondas. Ademáis das seccións habituais, cóntannos cousas do Entroido, que este ano está sendo, xa foi, máis estrano que nunca. Ah, e vai incluído o tema tradicional "O Galo" na versión que fixemos no cole para celebrar esta festa.
Esperamos que vos guste!
mércores, 3 de febreiro de 2021
OS CONTOS DE CHISTERITA
Ola de novo! Hoxe Chisterita cóntanos unha historia de elefantes(ou non) para o Día da Paz e a non Violencia. Agardamos que vos guste...e vos faga pensar.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)