Cando comezou o estado de alarma e o confinamento nas nosas casas,
Uxía Lambona e a Banda Molona lanzounos o reto de coller a súa canción
verdescente e tentar facer algo con ela de cara ao Día das Letras
Galegas.
Falamos cos maiores do cole, os nenos e nenas de 6º, para
que dende as súas casas nos enviaran os vídeos cos que facer o
traballo.Ponzos verdescente reivindica a importancia da natureza, de
coñecer e gozar dos nosos lugares(agora que os botamos tanto de menos) e
quedará tamén como unha "foto de grupo" para estes rapaces e rapazas de
6º que lles tocará trocar de cole e de etapa nestas extrañas
circunstancias.
Aquí o tedes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario