domingo, 27 de marzo de 2022

Ponzos nas Ondas. Os Superpeques. Programa da aula de 3 anos.

Con moito traballo e esforzo, e coa dose habitual de simpatia, as nenas e nenos de 3 aniños fan o seu primeiro programa na radio do cole. Un aplauso enorme para eles e elas, que se escoite en todo o barrio e un pouco máis aló.

domingo, 13 de marzo de 2022

Ponzos nas Ondas. Infantil 4 anos

As nenas e os nenos de 4 anos do cole entraron na radio a divertirse e a facer un pedazo de programa onde nos contan chistes, contos, cancións e nos presentan as Apertas Musicais. Ademáis temos as seccións habituais que nos trae a chavalada de 4ºB e 5ºA. Agardamos que vos guste, e un grande aplauso para os peques que tan ben o fixeron!

venres, 11 de marzo de 2022

FRIDA K Y JANE G

 E AQUÍ TEMOS DE NOVO A CHISTERITA QUE NOS CONVIDA A COÑECER A VIDA DE DÚAS MULLERES XENIAIS,...QUEN SERÁN? ..... A VER SE AS COÑECEDES!!!!

 

venres, 4 de marzo de 2022

Gato rojo, Gato azul

 

 Chisterita cóntanos un novo conto coa axuda de nenas e nenos de 4ºB. Gato rojo, gato azul. Agardamos que vos guste...

mércores, 2 de marzo de 2022

DÍA ROSALÍA LSE

 Festexando a Rosalía,

 Xabi recita unha das súas poesías,

 Debuxa un poema no ar,

 Movendo as mans para signar. 


venres, 25 de febreiro de 2022

PONZOS NAS ONDAS. ESPECIAL ROSALÍA

 

 Programa especial de Ponzos nas Ondas presentado polos nenos e nenas da aula de 5 anos de Educación Infantil. Todo o colexio preparou contidos sobre Rosalía de Castro que agora presentamos neste programa. Esperamos que vos guste....

domingo, 6 de febreiro de 2022

PONZOS NAS ONDAS, O PROGRAMA DE 1º

ESCOITADE QUE PROGRAMA SE MARCARON AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO!! ADEMÁIS DAS SORPRESAS QUE NOS PRESENTAN, TEMOS TAMÉN AS SECCIÓNS HABITUAIS DAS BOAS NOVAS, POR PARTE DE 5ºA...E AGORA TAMÉN AS RECOMENDACIÓNS DE 4ºB. ESCOITADE, ESCOITADE...